Proxecto audiovisual

Unha vez revisadas as diferentes opcións audiovisuais, decantámonos pola grabación dun vídeo tutorial no que trataremos de concienciar aos nenos mediante a segunda vida que podemos darlle ás múltiples prendas de vestir que usamos diariamente.
Con isto, fomentaremos unha maneira de reciclar que contribúe de xeito sostible á hora de aproveitar os recursos cos que contamos.
Como principal ferramenta TIC para realizar a montaxe do vídeo, utilizaremos o Adobe Premiere, no cal incrustaremos, a maiores, música dinámica para darlle un aspecto máis rápido á peza audiovisual. Como editor das imperfeccións da luz, da cor e do encadre, poderemos facer uso do programa de Davinci Resolve.