Recurso audiovisual


A continuación achegámosvos o recurso audiovisual que filmamos e editamos para mostrarvos que as prendas do noso vestidor poden ter unha nova imaxe e en ocasións, unha nova función. Deste xeito aproveitaremos ao máximo as prendas que compoñen o noso vestidor. 
No noso caso, decidimos decántarnos por facer unha bolsa/mochila que poden empregar tanto os/as cativos/as como os/as adultos no seu día a día para a realización de diferentes tarefas. 
Para a creación desta mochila debemos seguir 6 pasos claros e sinxelos, para conseguir obter o resultado esperado.
Ademais cabe destacar que para a súa realización non imos ter a necesidade de mercar ningún tipo de material, posto que empregaremos materiais cos que todos/as contamos nas nosas casas; como poden ser unhas tesoiras ou unha goma elástica.