Tras realizar unha búsqueda por diferentes repositorios, poidemos apreciar diferentes recursos dixitais que nos inspiraron algunas ideas para poder empregar no noso proxecto.
Con todo, cremos que a mellor maneira de enfocar o noso tema é mediante recursos audiovisuais e actividades interactivas; a través das cales os/as alumnos/as poderán adquirir uns determinados contidos, neste caso relacionados coas diferentes prendas de vestir, de maneira lúdica e dinámica.
Ademáis, consideramos que se tratan de recursos dinamizadores da aprendizaxe, xa que establecen unha nova perspectiva, facilitando así a aprendizaxe tanto dos alumnos/as como do/a propio/a docente, xa que nos permitirán saír das metodoloxías tradicionais, integrando nas nosas aulas as novas tecnoloxías tan importantes na actualidade.
A continuación, móstrase o noso póster, no cal cada unha das prendas que nel figuran, leva agochada un recurso diferente.
