Actividades multimedia interactivas

FAI CLIC NA IMAXE E ESTA LEVARACHE A UN ARCHIVO PDF, DE AÍ, DEBERÁS SEGUIR AS INSTRUCCIÓNS.
¡¡PÁSAO BEN!!

Experimentando novas ferramentas...

A nosa seguinte tarefa consiste en realizar un libro dixital, composto por unha serie de recursos creados por nos mesmas.
Para a súa elaboración imos botar man dunha serie de ferramentas proporcionadas, e que nos axudarán a crear actividades con diferentes características e formatos.
Especialmente empregamos Educaplay, unha aplicación que nos permite elaborar recursos con diferentes finalidades; identificar, relacionar, clasificar... Ademais tamén recurrimos a Andora para a creación dalgún dos nonos recursos
A maiores para a unión destes recursos decidimos empregar a plataforma Canva a cal nos permite unir todas as actividades, para que dalgunha maneira sexan entendidas como unha unidade.


Recurso audiovisual


A continuación achegámosvos o recurso audiovisual que filmamos e editamos para mostrarvos que as prendas do noso vestidor poden ter unha nova imaxe e en ocasións, unha nova función. Deste xeito aproveitaremos ao máximo as prendas que compoñen o noso vestidor. 
No noso caso, decidimos decántarnos por facer unha bolsa/mochila que poden empregar tanto os/as cativos/as como os/as adultos no seu día a día para a realización de diferentes tarefas. 
Para a creación desta mochila debemos seguir 6 pasos claros e sinxelos, para conseguir obter o resultado esperado.
Ademais cabe destacar que para a súa realización non imos ter a necesidade de mercar ningún tipo de material, posto que empregaremos materiais cos que todos/as contamos nas nosas casas; como poden ser unhas tesoiras ou unha goma elástica.



Proxecto audiovisual

Unha vez revisadas as diferentes opcións audiovisuais, decantámonos pola grabación dun vídeo tutorial no que trataremos de concienciar aos nenos mediante a segunda vida que podemos darlle ás múltiples prendas de vestir que usamos diariamente.
Con isto, fomentaremos unha maneira de reciclar que contribúe de xeito sostible á hora de aproveitar os recursos cos que contamos.
Como principal ferramenta TIC para realizar a montaxe do vídeo, utilizaremos o Adobe Premiere, no cal incrustaremos, a maiores, música dinámica para darlle un aspecto máis rápido á peza audiovisual. Como editor das imperfeccións da luz, da cor e do encadre, poderemos facer uso do programa de Davinci Resolve.








Póster interactivo

Tras realizar unha búsqueda por diferentes repositorios, poidemos apreciar diferentes recursos dixitais que nos inspiraron algunas ideas para poder empregar no noso proxecto.
Con todo, cremos que a mellor maneira de enfocar o noso tema é mediante recursos audiovisuais e actividades interactivas; a través das cales os/as alumnos/as poderán adquirir uns determinados contidos, neste caso relacionados coas diferentes prendas de vestir, de maneira lúdica e dinámica.
Ademáis, consideramos que se tratan de recursos dinamizadores da aprendizaxe, xa que establecen unha nova perspectiva, facilitando así a aprendizaxe tanto dos alumnos/as como do/a propio/a docente, xa que nos permitirán saír das metodoloxías tradicionais, integrando nas nosas aulas as novas tecnoloxías tan importantes na actualidade.
A continuación, móstrase o noso póster, no cal cada unha das prendas que nel figuran, leva agochada un recurso diferente.


Análise dos recursos

Logo de realizar unha búsqueda por diversas páxinas ,finalmente seleccionei  dous recursos dixitais relacionados co tema en cuestión .Por unha parte un xogo interactivo no que xs nenxs poden traballar e reforzar o seu vocabulario en inglés  dunha forma máis didáctica,e por outra parte selecionei un vídeo  inglés  no que se relata a historia da roupa ,onde se tratan varios temas referentes aos contidos de historia que o alumnado traballa en Primaria.

Dende o meu punto de vista, os dous recursos seleccionados son de moita axuda para que xs nenxs traballen os contidos na aula dende outro enfoque ,xa que este tema o teñen presente na súa vida cotiá. A finalidade destes recursos é que o alumnado coñeza diversos modos de aprender.

A continuación  amosarei os enlaces dos recursos dixitais:
Xogo:https://www.mundoprimaria.com/juegos-educativos/juegos-de-vestir/juego-vestir-peinar

Análise dos recursos

Despois de realizar unha análise de recursos e materiais didácticos dixitais, decidín elixir unha actividade educativa e un vídeo.
Os motivos polos cales escollín este tipo de recursos, é porque abordan dun xeito lúdico e ameno a aprendizaxe sobre a vestimenta, tema principal do noso proxecto.

Por un lado, a actividade interactiva trátase dun portal educativo denominado "Proyecto Primartis: Educación artísticas para Educación Primaria" no cal se expoñen distintas actividades lúdicas relacionadas coas artes plásticas. Dende o meu punto de vista considero que este tipo de recurso, lle permite ao alumnado coñecer as cores, formas, texturas, medidas... dun xeito ameno.



Por outro lado, o vídeo ofrece unha explicación acerca dos diferentes tecidos que existen para confeccionar as prendas, facendo un percorrido pola evolución que sufriu a vestimenta dende a época prehistórica ata a actualidade. Unha explicación visual que aporta unha aprendizaxe entretida.



Análise de los recursos

Despois de buscar nas plataformas educativas das diferentes Comunidades Autónomas, destacaquei este xogo interactivo da plataforma educativa de
Tienda de ropa

E tamén este vídeo: