Novos horizontes

Ao longo deste cuatrimestre, e grazas á materia de Novas Tecnoloxías, adquirin moitos  novos coñecementos  que me foron de moita axuda para comprender o importante que é a presenza das tecnoloxías na ensinanza dos alumnos/as de educación Primaria. É certo que nun primeiro momento, a asignatura presentouseme coma algo co que iba que ter que lidiar ou que non era do meu gusto, pero co paso do tempo supoño que comprendín que non era tan desagradable.

Todos os contidos que me foron proporcionados , dende como crear un blog,  recursos educativos ata crear unha web , coido poder introducir todos estes coñecementos  cando chegue o momento de exercer a miña docencia, para que a aprendizaxe educativa  non se reduzca a algo meramente instructivo, levar a miña docencia dunha forma máis creativa.

Espero que o blog vos sexa de utilidade e vos axude a familiarizaros máis cas TIC, como me axudou a min durante esta experiencia práctica.

NON É UNHA DESPEDIDA, É UN ATAPRONTO!

Cada vez estou máis abraiada co rápido que pasa o tempo. Case catro meses despois de comezar o estudo da materia de Novas Tecnoloxías, quen me ía decir a min que os meus coñecementos sobre a tecnoloxía ían aumentar tanto!

Era consciente de que hoxe en día había milleiros de aplicacións e recursos informáticos que nos conectaban entre nos e facían que o día a día sexa máis cómodo, pero descoñecía por completo a cantidade de materiais didácticos que as TIC poden aportar ao universo educativo.

Tanto dende o punto de vista de actual alumna, como dende o punto de vista de futura mestra, considero que os contidos que ofrece a materia son moi importantes para a educación dos cativos e das cativas, fomentando así a aprendizaxe dun xeito lúdico.

Como ben indico no título desta entrada, a pesar de rematar o curso académico, isto non é unha despedida, senón que é a apertura a novos coñecementos que nos ofreceran a oportunidade de seguir formándonos para poder aportar nun futuro unha ensinanza de calidade.

Para rematar, quería agradecer a todos os lectores e as lectoras que adicastes un anaco do voso tempo a visualizar este proxecto que con tanto agarimo realizamos, esperando que o aquí exposto fose de utilidade. E por suposto, non podería poñer o punto e final a estas liñas sen agradecer as miñas compañeiras de grupo a entrega e o traballo que realizaron durante este tempo, e o moito que me aportaron e ensinaron tanto a nivel persoal como a nivel académico.

GRAZAS!

Un punto e aparte, pero non un punto e final

Neste cuatrimestre dinlle unha nova oportunidade as Novas Tecnoloxías, posto que tal e como xa dixen ao comezo desta aventura, a nosa relación non era moi boa. Con todo, pouco  pouco fun adquirindo unha serie de coñecementos que antes descoñecía, ou que simplemente non lle prestaba a suficiente atención.
Con todo, creo que os contidos que fomos manexando ao longo desta etapa, son de moita relevancia, tanto dende o perspectiva de mestra como dende o punto de vista dos/as propios/as estudantes; posto que as TIC ocupan un papel importante no desenvolvemento das actividades cotiás das persoas hoxe en día; facilitando en gran medidas a realización de determinadas tarefas.
En definitiva, considero que esta asignatura é fundamental para adquirir ou ampliar posibles usos e diferentes modalidades das TIC na educación, así como para coñecer os diferentes riscos cos que nos podemos atopar na rede, e que lle debemos facer chegar aos nosos estudantes.
Por último, e non menos importante, agradecer o tempo que dedicastes botándolle unha ollada ao noso traballo, o que ten gran valor para nos.

Despedida


En primer lugar, debo destacar lo agradecida que estoy a esta materia por la gran cantidad de contenidos que he aprendido, el gran número de webs que me han enseñado y que pienso utilizar cuando me llegue la hora de ejercer la docencia: hemos creado recursos digitales para que mis alumnos y alumnas trabajen los contenidos que aprenden en el aula de una forma didáctica y entretenida, hemos llevado a cabo una WebQuest con la que esperamos despertar un gran interés en los niños y niñas sobre el tema que tratamos.


En segundo lugar, destacar el gran trabajo que ha sido llevado a cabo para la realización de este blog y de todas las actividades, con el fin de que todo el mundo pudiera disfrutar de ello con las mismas ganas que quien lo ha llevado a cabo.

Y, en tercer y último lugar, daros las gracias por habernos regalado un poco de vuestro tiempo en leernos.


Proxecto final


Tras un cuatrimestre realizando unha serie de prácticas, as cales no nos caso tiñan como fío conductor as diferentes prendas de roupa; así como a relación que estas mantean coas diferentes culturas presentes no nos país, ou os valores que a través delas podemos aprender.
A modo de conclusión desta materia imos elaborar un proxecto no que se inclúan todas as actividades elaboradas con anterioridade. No noso caso elaboraremos un E-book, un recurso que na actualidade está moi presente na vida dos nenos/as, achegandolle a lectura de xeito dinámico e atractivo.

A maiores os libros dixitais adáptanse con máis facilidade á diversidade coa que contan os estudantes, posto que poderán axustar a información que neste recurso se presenta, ás suas necesidades específicas (formato, tamaño da letra, brillo da pantalla...). Ademais, grazas ao tamaño deste dispositivo permítenos transpórtalo dun lado para o outro sen que isto ocasione algún tipo de problema relacionado co seu peso ou dimensión.

Polo tanto, empregando este sistema de aprendizaxe interactiva nas aulas, contribuirase a mellorar o noso planeta ao mesmo tempo que aumenta o desfrute dos/as estudantes e a súa motivación.
Grazas a esta ferramenta, o alumnado tamén irá adquirindo a competencia dixital básica na súa formación.

Actividades multimedia interactivas

FAI CLIC NA IMAXE E ESTA LEVARACHE A UN ARCHIVO PDF, DE AÍ, DEBERÁS SEGUIR AS INSTRUCCIÓNS.
¡¡PÁSAO BEN!!

Experimentando novas ferramentas...

A nosa seguinte tarefa consiste en realizar un libro dixital, composto por unha serie de recursos creados por nos mesmas.
Para a súa elaboración imos botar man dunha serie de ferramentas proporcionadas, e que nos axudarán a crear actividades con diferentes características e formatos.
Especialmente empregamos Educaplay, unha aplicación que nos permite elaborar recursos con diferentes finalidades; identificar, relacionar, clasificar... Ademais tamén recurrimos a Andora para a creación dalgún dos nonos recursos
A maiores para a unión destes recursos decidimos empregar a plataforma Canva a cal nos permite unir todas as actividades, para que dalgunha maneira sexan entendidas como unha unidade.


Recurso audiovisual


A continuación achegámosvos o recurso audiovisual que filmamos e editamos para mostrarvos que as prendas do noso vestidor poden ter unha nova imaxe e en ocasións, unha nova función. Deste xeito aproveitaremos ao máximo as prendas que compoñen o noso vestidor. 
No noso caso, decidimos decántarnos por facer unha bolsa/mochila que poden empregar tanto os/as cativos/as como os/as adultos no seu día a día para a realización de diferentes tarefas. 
Para a creación desta mochila debemos seguir 6 pasos claros e sinxelos, para conseguir obter o resultado esperado.
Ademais cabe destacar que para a súa realización non imos ter a necesidade de mercar ningún tipo de material, posto que empregaremos materiais cos que todos/as contamos nas nosas casas; como poden ser unhas tesoiras ou unha goma elástica.



Proxecto audiovisual

Unha vez revisadas as diferentes opcións audiovisuais, decantámonos pola grabación dun vídeo tutorial no que trataremos de concienciar aos nenos mediante a segunda vida que podemos darlle ás múltiples prendas de vestir que usamos diariamente.
Con isto, fomentaremos unha maneira de reciclar que contribúe de xeito sostible á hora de aproveitar os recursos cos que contamos.
Como principal ferramenta TIC para realizar a montaxe do vídeo, utilizaremos o Adobe Premiere, no cal incrustaremos, a maiores, música dinámica para darlle un aspecto máis rápido á peza audiovisual. Como editor das imperfeccións da luz, da cor e do encadre, poderemos facer uso do programa de Davinci Resolve.