Ao longo deste cuatrimestre, e grazas á materia de Novas Tecnoloxías, adquirin moitos novos coñecementos que me foron de moita axuda para comprender o importante que é a presenza das tecnoloxías na ensinanza dos alumnos/as de educación Primaria. É certo que nun primeiro momento, a asignatura presentouseme coma algo co que iba que ter que lidiar ou que non era do meu gusto, pero co paso do tempo supoño que comprendín que non era tan desagradable.
Todos os contidos que me foron proporcionados , dende como crear un blog, recursos educativos ata crear unha web , coido poder introducir todos estes coñecementos cando chegue o momento de exercer a miña docencia, para que a aprendizaxe educativa non se reduzca a algo meramente instructivo, levar a miña docencia dunha forma máis creativa.
Espero que o blog vos sexa de utilidade e vos axude a familiarizaros máis cas TIC, como me axudou a min durante esta experiencia práctica.




















