Tras un cuatrimestre realizando unha serie de prácticas, as cales no nos caso tiñan como fío conductor as diferentes prendas de roupa; así como a relación que estas mantean coas diferentes culturas presentes no nos país, ou os valores que a través delas podemos aprender.
A modo de conclusión desta materia imos elaborar un proxecto no que se inclúan todas as actividades elaboradas con anterioridade. No noso caso elaboraremos un E-book, un recurso que na actualidade está moi presente na vida dos nenos/as, achegandolle a lectura de xeito dinámico e atractivo.
A maiores os libros dixitais adáptanse con máis facilidade á diversidade coa que contan os estudantes, posto que poderán axustar a información que neste recurso se presenta, ás suas necesidades específicas (formato, tamaño da letra, brillo da pantalla...). Ademais, grazas ao tamaño deste dispositivo permítenos transpórtalo dun lado para o outro sen que isto ocasione algún tipo de problema relacionado co seu peso ou dimensión.
Polo tanto, empregando este sistema de aprendizaxe interactiva nas aulas, contribuirase a mellorar o noso planeta ao mesmo tempo que aumenta o desfrute dos/as estudantes e a súa motivación.
Grazas a esta ferramenta, o alumnado tamén irá adquirindo a competencia dixital básica na súa formación.

