NON É UNHA DESPEDIDA, É UN ATAPRONTO!

Cada vez estou máis abraiada co rápido que pasa o tempo. Case catro meses despois de comezar o estudo da materia de Novas Tecnoloxías, quen me ía decir a min que os meus coñecementos sobre a tecnoloxía ían aumentar tanto!

Era consciente de que hoxe en día había milleiros de aplicacións e recursos informáticos que nos conectaban entre nos e facían que o día a día sexa máis cómodo, pero descoñecía por completo a cantidade de materiais didácticos que as TIC poden aportar ao universo educativo.

Tanto dende o punto de vista de actual alumna, como dende o punto de vista de futura mestra, considero que os contidos que ofrece a materia son moi importantes para a educación dos cativos e das cativas, fomentando así a aprendizaxe dun xeito lúdico.

Como ben indico no título desta entrada, a pesar de rematar o curso académico, isto non é unha despedida, senón que é a apertura a novos coñecementos que nos ofreceran a oportunidade de seguir formándonos para poder aportar nun futuro unha ensinanza de calidade.

Para rematar, quería agradecer a todos os lectores e as lectoras que adicastes un anaco do voso tempo a visualizar este proxecto que con tanto agarimo realizamos, esperando que o aquí exposto fose de utilidade. E por suposto, non podería poñer o punto e final a estas liñas sen agradecer as miñas compañeiras de grupo a entrega e o traballo que realizaron durante este tempo, e o moito que me aportaron e ensinaron tanto a nivel persoal como a nivel académico.

GRAZAS!