Neste cuatrimestre dinlle unha nova oportunidade as Novas Tecnoloxías, posto que tal e como xa dixen ao comezo desta aventura, a nosa relación non era moi boa. Con todo, pouco pouco fun adquirindo unha serie de coñecementos que antes descoñecía, ou que simplemente non lle prestaba a suficiente atención.
Con todo, creo que os contidos que fomos manexando ao longo desta etapa, son de moita relevancia, tanto dende o perspectiva de mestra como dende o punto de vista dos/as propios/as estudantes; posto que as TIC ocupan un papel importante no desenvolvemento das actividades cotiás das persoas hoxe en día; facilitando en gran medidas a realización de determinadas tarefas.
En definitiva, considero que esta asignatura é fundamental para adquirir ou ampliar posibles usos e diferentes modalidades das TIC na educación, así como para coñecer os diferentes riscos cos que nos podemos atopar na rede, e que lle debemos facer chegar aos nosos estudantes.
Por último, e non menos importante, agradecer o tempo que dedicastes botándolle unha ollada ao noso traballo, o que ten gran valor para nos.
