NOVOS COMEZOS, NOVAS TECNOLOXÍAS,

Novo cuadrimestre, nova materia, Novas Tecnoloxías...

Cando nos enfrontamos aos novos comezos, sempren xorden na nosa mente medos, dúbidas e creación de expectativas (a veces boas,a veces malas). A novidade sempre trae consigo cambios.

Cando vin a listaxe de materias que iba cursar no segundo cuadrimestre do grao, por un lado púxenme leda ao ver que unha delas tiña por nome "Novas Tecnoloxías Aplicadas á Educación Primaria", pero por outro lado, debo admitir que os medos saíron á luz.

Vivimos actualmente na era tecnolóxica, nun mundo no que a tecnoloxía está presente na nosa rutina diaria polo que necesitamos estar actualizados en todo momento coas novidades que xurdan.
Como estudante de Educación Primaria, considero que as TIC son unha ferramenta esencial para a aprendizaxe do alumnado e, como futura mestra, vexo necesaria cursar esta materia para poder adquirir os coñecementos básicos.

Persoalmente, son unha "aficionada" da tecnoloxía, gústame estar ao tanto das últimas novidades por iso me agradou que esta materia este incluída no currículo escolar. Pero por outra banda, como comentei anteriormente, dame medo non ter as capacidades necesarias para comprender os contidos que se impartan xa que as TIC avanzan cada vez máis a pasos axigantados.

Comeza o estudo dunha nova materia, materia que penso que me vai aportar moitos coñecementos tanto a nivel persoal como a nivel académico e profesional.