Comezando por algures, e fronte a materia que se nos presenta neste caso, Novas Tecnoloxías, coido que teño un largo camiño por diante, posto que os meus coñecementos en teconoloxías son bastante reducidos. Pese a iso, gustaríame formarme neste campo, o cal actualmente está en auxe, xa que pode ser moi beneficioso á hora de realizar diferentes actividades ou impartir determinadas materias no seo dunha clase.
Con todo, creo que esta materia me vai axudar a adquirir coñecementos relevantes para poder incluír os recursos tecnolóxicos no ámbito docente, xa que considero que a educación, ou mellor dito a metodoloxía coa que se imparten os determinados contidos, debería adaptarse a sociedade na que se está a aplicar, tendo en conta neste caso as TIC, xa que ocupan un posto relevante na sociedade actual.
