NOVAS EXPERIENCIAS DIXITAIS

A materia de Novas Tecnoloxías , dende a miña perspectiva ,é un recurso moi necesario para a formación docente.

Á hora de enfontrar esta materia  espero adquirir e ampliar contidos sobre o emprego das tecnoloxías para incluílas posteriormente dentro da docencia e facilitar a información aos compoñentes da comunidade educativa.

Con todo, a primeira impresión sobre a materia non foi totalmente positiva,xa que durante a miña formación educativa a tecnoloxía non estaba moi presente durante os cursos. Polo tanto, o meu coñecemento sobre a utilización destas tecnoloxías é prácticamente nulo. Os medos ante unha nova materia supoño que son inevitables, debido a que nunca se sabe se o trancurso desta, durante o cuatrimestre, vai ser  tan bo ou desastroso como se espera.

Aínda que o uso da tecnoloxía está moi presente na nosa sociedade, facilitasenos moito a entrada nesta plataforma e penso que non se nos informa adecuadamente sobre a utilización desta. Por consecuencia, esta materia é necesario que esté incluída no seu proceso educativo.