Nesta plataforma iremos publicando as diferentes actividades realizadas na clase e cos contidos adquiridos, ademais dalgunhas reflexións sobre ditas actividades.
Logo de realizar unha búsqueda por diversas páxinas ,finalmente seleccionei dous recursos dixitais relacionados co tema en cuestión .Por unha parte un xogo interactivo no que xs nenxs poden traballar e reforzar o seu vocabulario en inglés dunha forma máis didáctica,e por outra parte selecionei un vídeo inglés no que se relata a historia da roupa ,onde se tratan varios temas referentes aos contidos de historia que o alumnado traballa en Primaria.
Dende o meu punto de vista, os dous recursos seleccionados son de moita axuda para que xs nenxs traballen os contidos na aula dende outro enfoque ,xa que este tema o teñen presente na súa vida cotiá. A finalidade destes recursos é que o alumnado coñeza diversos modos de aprender.
A continuación amosarei os enlaces dos recursos dixitais: