Os motivos polos cales escollín este tipo de recursos, é porque abordan dun xeito lúdico e ameno a aprendizaxe sobre a vestimenta, tema principal do noso proxecto.
Por un lado, a actividade interactiva trátase dun portal educativo denominado "Proyecto Primartis: Educación artísticas para Educación Primaria" no cal se expoñen distintas actividades lúdicas relacionadas coas artes plásticas. Dende o meu punto de vista considero que este tipo de recurso, lle permite ao alumnado coñecer as cores, formas, texturas, medidas... dun xeito ameno.
Por outro lado, o vídeo ofrece unha explicación acerca dos diferentes tecidos que existen para confeccionar as prendas, facendo un percorrido pola evolución que sufriu a vestimenta dende a época prehistórica ata a actualidade. Unha explicación visual que aporta unha aprendizaxe entretida.
